Día grande na nosa casa, hoxe a SCD MILAGROSA e a CUD FERROVIARIA presentaron os equipos masculinos, femininos e mixtos de todas as súas categorías.
Antes de nada queremos agradecer a todas as familias dos nosos xogadores a súa participación nun día tan importante coma este. Éstas encheron as gradas da Casa do Deporte de Lugo. Tampouco faltaron á cita os principais sponsors do noso clube, APERSA, RESTAURANTE O PICATO, BABEL, FUTBOL EMOTION, SHEYLUZ, entre outros. Ó mesmo tempo queremos agradecer o apoio brindado polos principais estamentos da nosa cidade.
Por parte do Concello viñeron visitarnos a alcadesa Dona Lara Méndez López, o Concelleiro de Xuventude e Deporte Mauricio Repetto Morban, o tenente de alcaldesa Rubén Arroxo, os concelleiros Alexandre Penas Roibás, Miguel Fernández Méndez e os edís Antonio Ameijide e Mar Carballás Piñeiro; así mesmo, Gerardo Criado foi o representante da Xunta de Galicia como Ana González Abelleira e Oscar Poy Franco da Deputación Provincial.
A presentación desenvolveuse con moita alegria e ánimo de xogadores e público, onde non faltou a música, as mensaxes institucionais así como un gran ambiente festivo. Con Luisón, un dos adestradores, como mestre de cerimonias e baixo a atenta mirada do Presidente, Magín José López Lobeiras, os máis pequenos da casa comezaron a desfilar e así, un a un ata chegar ós equipos senior femininos e masculinos, os xogadores de ambas institucións déronse un baño de masas para felicidade da parroquia Milagrosista e Ferroviaria.
Cabe destacar que este ano a celebración é case doble, xa que logo, como ben recordou o presidente Magín López, a SCD Milagrosa cumpre 60 anos no fútbol a próxima tempada, queremos destacar que case a metade deles, estiveron e están baixo a batuta deste mesmo, pois colleu os mandos desta nave aló polo 1995, cumprindo así 28 anos na presidencia este curso. Para o citado aniversario, estánse xa facendo labores e de seguro quedarán moi ben celebrados en diferentes actos conmemorativos.
Poderedes acceder ó album de fotos nos próximos días, as cales irán véndose nas principais redes sociais do clube.
Grazas a todas e todos.
Atentamente, o departamento de Comunicación.