Este venres 25 de Novembro, celébranse os actos conmemorativos contra a Violencia de Xénero. Este Xoves, como adiantou a tenenta de Alcaldes da Área de Cohesión e Dinamización Social, Ana Abelleira, vánse realizar diferentes actividades tanto o día 24 xoves como o propio venres 25.
Quere recordar que ata o 20 de Novembro son 38 as mulleres asasinadas no territorio español, e que xa non teñen voz para tomar parte, así que convida a todo aquel/a a tomar parte e dar unha resposta unánime de repulsa contra estes asasinatos.
A quenda dos actos quedaría confeccionada da seguinte maneira:
XOVES 24 DE NOVEMBRO
17.00 horas. Praza da Mosqueira
Árbores de vida Bolboretas de liberdade.
* En colaboración coa Asociación Corazóns Artesáns
19.30 horas. Praza da Mosqueira
ViXilia e solta cautiva de globos luminosos
* En colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU)
VENRES 25 DE NOVEMBRO
12.00 horas. Diante da Árbore da Vida (Praza de Sto Domingo)
Acto institucional: lectura do manifesto, ofrenda floral e actuación musical de Rut León
Acción de rúa: #maltratadoresnon
#MaltratadoresNon