Dende a SCD Milagrosa e a CUD Ferroviaria queremos transmitir a todos os membros da familia persoal e máis á familia deportiva, o noso pesar polo falecemento de DON JOSÉ MANUEL CASTRO PRIETO, que foi presidente da ADC Sagrado Corazón durante dúas décadas, entidade coa que siempre tivemos unha moi boa relación tanto no persoal coma no deportivo.
Dende as Xuntas Directivas e as familias que conforman ambos clubes unímonos na dor da súa familia e do clube que el dirixiu, enviándolles unha moi forte aperta e folgos para superar esta lamentable perda.
Descanse en paz.