María Calvo ‘Peke’, xogadora importante na historia do equipo feminino da SCD Milagrosa, protagoniza o cartel da Xornada de Portas Abertas de cara a Temporada 2019/20. Peke, fichou polo Deportivo da Coruña feminino este verán tras completar unha temporada moi productiva na SCD Milagrosa, na que foi unha peza importante dentro do plantel e, ademáis, foi convocada coa Selección Galega Sub 18 para desputar diversos campeonatos de seleccions. Esta temporada conseguiu o campeonato de Liga co Deportivo Abanca B, donde ela fixo un total de 15 tantos.
Nesta xornada, que dará comezo o 15 de maio, os interesados entre 3 e 19 anos podrán anotarse os adestramentos de forma gratuita para coñecer o club, o método de traballo e instalacións, desfrutando de xornadas intensas de Fútbol sobre o novo verde do #EfectoFrigsa.